Carta-Manifiesto remitido al Concello de Santiago (2008)

Concello de Santiago de Compostela
Pazo de Raxoi
Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2008

Os veciños da cidade histórica e o ensanche agrupados na Plataforma Santiago sin Ruido consideramos inadmisible que o Concello e a Policía Local incumplan reiteradamente a normativa sobre ruidos. A movida nocturna xenera suciedade e vandalismo que alteran a convivencia ciudadana e ruidos que deterioran a saúde dos veciños e afectan o seu dereito o descanso, causando tamén efectos nocivos na saúde da xuventude consumidora de alcohol.

As autoridades, responsables de protexer e millorar a calidade de vida dos ciudadáns, non poden ser permisivos con estas infraccións da lexislación vixente polo cual os veciños preocupados polo progresivo deterioro da convivencia e os estragos constantes na nosa cidade, reclamamos o Concello e a Policía Local a adopción de medidas como o reforzo da plantilla policial para o cumprimento da Ordenanza Municipal de ruidos e a Ordenanza de Convivencia, Residuos e Limpieza.

Nunca tiveron os mozos tantas alternativas de ocio. Por iso as autoridades mais que adicarse a organizar o tempo libre da xuventude favorecendo a diversión asociada ó alcohol deben advertir a toda a sociedade do grave risco para a saúde do seu consumo abusivo, promover as conductas cívicas, garantir o cumplimento da lexislación vixente e axilizar a tramitación das sancións por infraccións.

Ante as nulas conclusións do Foro Cívico e o anuncio da modificación da Ordenanza Municipal no mes de decembro, os veciños da Plataforma declaramos que os 15 puntos deste manifiesto reclaman o cumplimiento das leis (como se mostra no anexo) e o recoñecemento do dereito a pacífica convivencia e o descanso amparado polo Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos, Tribunal Constitucional, Tribunal Supremo, Tribunales Superiores de Xusticia e Audiencias Provinciais.

Vecinos agrupados na iniciativa ciudadana
Plataforma Santiago sin Ruido

…………………………………………………………………………………………

1.- Recordamos que está prohibido o consumo de bebidas na vía pública cando poda alterar gravemente a convivencia ciudadana pola aglomeración de persoas para consumo masivo. (OC art. 67 nota 1)

2.- Recordamos que en horario nocturno de 22 h a 8 h está prohibido cantar, tocar instrumentos musicais, berrar, vociferar e satisfacer necesidades fisiolóxicas. (OR art. 31 e 69 notas 2 e 3)

3.- Recordamos que en horario nocturno o ruido producido por personas ou establecementos públicos non pode sobrepasar 55 decibelios. (OC art. 13.8 nota 4)

4.- Consideramos necesario que a policía coñeza a ordenanza que debe aplicar. A policía debe estar previamente instruida e formada en materia de ruidos e dos seus efectos na saúde dos veciños (angustia, desorientación, insomnio…)

5.- Recordamos que a actividade de cada establecemento público ten que ser a que lle corresponde segundo a licenza concedida polo Concello. Así un bar, café, café-bar, cafetería ou restaurante do Grupo I non pode ter música nen altavoces ou amplificadores. Só se lles permite ter televisión, radio ou fío musical sen amplificación de sonido. (OR art. 44.6 nota 5) Un café-bar non pode ter música ambiental pois senon sería de categoría café-bar especial.

6.- Esiximos que o Concello obrigue os establecementos públicos a colocar nun lugar visible a placa identificadora da licencia que poseen onde se indique a súa categoría, aforo, número de licenza e nivel de emisión sonora permitida. (OR art. 45 nota 6)

7.- Esiximos que o Concello sancione aos establecementos infractores dos horarios de peche, obrigandolles a manter a orde tanto dentro como fora do local con axuda da policía. (OR art. 57.2 nota 7)

8.- Esiximos que o Concello sancione aos establecementos públicos que servan consumicións na rúa. (OR art. 43 nota 8)

9.- Esiximos que o Concello cumpla que o peche cautelar de establecementos infractores sexa de dous meses e se nese tempo non son corrixidas as deficiencias se proceda a súa clausura definitiva.

10.- Esiximos que os veciños podan consultar os partes de denuncias da Policía Local nun prazo máximo de unha semana por se procede revisión ou tomar medidas legais contra o mesmo.

11.- Esiximos que o Concello facilite os veciños que o soliciten por escrito, información sobre o estado da tramitación do expediente por infracción da Ordenanza de Ruidos nun prazo máximo dun mes.

12.- Esiximos que o Concello adopte as medidas oportunas para que podan resolverse os expedientes con denuncias de incumplimento da Ordenanza de Ruidos nun prazo máximo de tres meses.

13.- Esiximos que de haber indicios de incumprimiento de licenza dos establecementos, o Concello abra expediente de oficio. (OR art.64. nota 9)

14.- Esiximos transparencia e cumplimiento da Lei de procedemento administrativo.

15.- Se as autoridades competentes son incapaces de cumprir e facer cumplir a normativa que fagan traspaso de responsabilidades as autoridades pertinentes. O Concello a Xunta e a Policía Local a Guardia Civil ou a Policía Nacional.

ANEXO LEXISLATIVO

OR Ordenanza Xeral Municipal Reguladora de Emisión e Recepción de ruidos, Vibracións e Condicións dos locais. (BOP nº 294 de 24/12/2003)

OC Ordenanza de Convivencia, Residuos e limpieza viaria de Santiago de Compostela. (BOP nº 40 de 17/02/2007)

1. OC Art. 67. Consumo de bebidas na vía pública: Queda prohibido o consumo de bebidas na vía pública cando poda alterar gravemente a convivencia ciudadana. Para estes efectos producese alteración cando concurran as circunstancias seguintes:

a) Cando a morfoloxía ou natureza do lugar público o consumo poda facerse de forma masiva por grupos de ciudadanos ou invite a aglomeración de estos.
b) Cando como consecuencia da acción do consumo se poda deteriorar a tranquilidade do contorno ou provocar situacions de insalubridade.

2. OR artigo 31. Comportamento nocturno: Queda prohibido cantar, usar instrumentos musicais ou semellantes, berrar ou vociferar.

3. OR artigo 69. Necesidades fisiolóxicas: 1. Prohíbese satisfacer as necesidades fisiolóxicas en cualquera dos espacios públicos. 2. Será circunstancia agravante cuando se realice en espacios de concurrida afluencia de personas ou cando se faga en monumentos, edificios ou espacios públicos catalogados como protexidos.

4. OR artigo 13.8. Considera 55 decibelios como máximo nivel de recepción externa de Zona B de Moderada Sensibilidade Acústica nas áreas residenciais, vivendas, hoteis ou zonas de especial protección como centros históricos.

5. OR artigo 44.6. Os establecementos do grupo I bar, café; café-bar; cafetería; restaurante, mesón, grella; taberna e adega soamente poderán instalar fío musical, un aparello de radio ou de televisión, que deberán funcionar sen estar conectados a amplificadores ou a altavoces.

6. OR artigo 45. Identificación dos establecementos de pública concurrencia: Os establecementos terán na fachada ou no interior, preto da porta principal de entrada nun lugar visible unha placa identificadora na que debe constar: categoría, aforo, número de licencia e nivel de emisión interna permitida.

7. OR artigo 57.2. O titular da licencia será o responsable do mantemento da orde por parte dos seus clientes, tanto no local como nos seus accesos.

8. OR artigo 43. Relación do local co exterior: 1. Todas as actividades comprendidas nesta ordenanza e en especial as de ocio nocturno deberán adoptar durante o seu funcionamento as medidas oportunas para evitar que o público efectúe as súas consumicións na vía pública.

9. OR artigo 64. Actividade de inspección. O persoal do Concello debidamente identificado poderá levar a cabo visita de inspección ás actividades que se veñan desenvolvendo e ás instalacións en funcionamento para os efectos de comprobar o cumprimento das determinacións desta ordenanza. As visitas de inspección poderán levarse a cabo por propia iniciativa municipal.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s