http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/06/23/2010_0000009163.html

BOP Nº 117 – miércoles, 23 de junio de 2010

Negociado de Licenzas de Aperturas. Anuncio de información pública

http://www.santiagodecompostela.org/medi/tramites/Normativa_Municipal/1._Ordenanzas_Xerais/Urbanismo/Modificacion_Ordenanza_de_ruidos._26.04.2012.pdf

ANUNCIO

O pleno da corporación na sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de maio de 2010, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

3. APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA EMISIÓN DE RUÍDOS, VIBRACIÓNS E CONDICIÓNS DOS LOCAIS.

O 11 de maio de 2010, a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de modificación da ordenanza reguladora de ruídos e vibracións e condicións dos locais.

O informe que emitiu o 20 de maio de 2010 a xefa do servizo de licencias e disciplina urbanística que leva a conformidade de Secretaría Xeral do Pleno é do teor literal que segue:

“Que con esta mesma data, a arquitecto técnico, Dona Mónica Rodríguez e a enxeñeira técnica, Dona Margarita Vicente emitiron un informe no que propoñen a modificación dunha serie de artigos da Ordenanza Municipal de Ruídos, Vibracións e Condicións dos Locais, co fin de adaptalos á normativa vixente, Código Técnico da Edificación, Lei 37/2003 de 17 de novembro do ruído, RD. 1367/2007, de 19 de outubro, polo que se desenvolve a anterior, entre outras.

Asemade, dende esta Xefatura de Servizo se propón a modificación dos artigos 15, 16 17 e 18 para adapta-los á normativa vixente CTE e a Lexislación de Ruídos, e para clarexar quen ten que presentar a documentación acreditativa do illamento acústico das edificacións; e asemade, do apartado terceiro do parágrafo 2º do artigo 59 para adapta-lo á normativa da Lei 9/02 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

Con fin de facilitar o estudio da modificación se transcriben os artigos na súa redacción actual, en cursiva e, de seguido a proposta de modificación dos mesmos, en negrita:

Artigo 15.1.-

“As condicións acústicas esixibles ós diversos elementos constructivos que compoñen a edificación serán as determinadas no capítulo III da Norma Básica da Edificación sobre condicións acústicas (NBE-CA-88)”

A modificación deste artigo se realiza para suprimir a referencia á NBE-CA-88, por tratarse dunha norma derogada e facer referencia á normativa vixente, o DB HR del CTE. Así o texto quedaría coma segue:

Artigo 15.1

As condicións acústicas esixibles aos diversos elementos constructivos que compoñen a edificación serán as determinadas no DB HR del CTE.

Artigo 16.1

A partir da presentación do correspondente certificado de fin de obra, o Concello comprobará o cumprimento das prescricións establecidas neste título, comprobación que poderá omitirse se a achegan os promotores, xunto coa anterior certificación, certificado de illamento acústico expedido por empresas ou entidades homologadas pola Consellería de Medio Ambiente.

A modificación deste parágrafo primeiro do artigo 16, proponse co fín de clarexar que será o promotor da edificación quen terá que xustificar o cumprimento do illamento acústico da mesma e que o Concello comprobará a xustificación presentada.

Artigo 16.1

Xunto coa certificación de fin de obra o promotor deberá presentar certificado de illamento acústico expedido por empresas ou entidades homologadas pola Consellería de Medio Ambiente. Unha vez presentada dita documentación o concello comprobará, á vista da mesma, o cumprimento das prescricións establecidas neste título.

Artigo 17º. Solucións constructivas

“Para os efectos dos límites fixados no artigo 13º sobre protección do ambiente exterior teranse en conta as seguintes prescricións:

Primeira. En todas as edificacións, a solución constructiva dos cerramentos exteriores dotados ou, non de illamento acústico, proporcionará unha atenuación global mínima para os ruídos aéreos de 45 dBA no intervalo de frecuencias comprendidas entre 100 e 3.150 Hz.

Terceira. Os aparellos elevadores, as instalacións de acondicionamento de aire e torres de refrixeración, a distribución, depuración de augas, a transformación de enerxía eléctrica, instalacións de calefacción e demais servicios dos edificios, serán instalados coas precaucións de localización e illamento que garantan un nivel de transmisión sonoro non superior aos límites fixados nos artigos 13° e 18°.

En particular, os cuartos de caldeiras e as salas de maquinaria non poderán lindar por paramentos horizontais e verticais con zonas destinadas a uso de vivenda, dentro dun mesmo edificio. En caso de imposibilidade física, o local de contención deberá estar illado integramente ata alcanzar un nivel mínimo de 70 dBA con relación á vivenda.”

Proponse, eliminar o parágrafo primeiro do artigo 17 xa que se entende que entra en contradición co expresado no parágrafo primeiro do artigo 15 da norma e o derradeiro punto do parágrafo segundo do apartado terceiro do mesmo artigo que dí: En caso de imposibilidade física, o local de contención deberá estar illado integramente ata alcanzar un nivel mínimo de 70 dBA con relación á vivenda, por entrar en contradición con la normativa do CTE, que establece un nivel mínimo de 55 dBA.

Artigo 18º. Normas de Protección do ambiente interior.-

“Cuarto. Os aparellos elevadores e demais elementos que se mencionan na prescrición terceira do artigo anterior serán instalados coas precaucións de localización e illamento que garantan un nivel de transmisión sonora non superior a 32 dBA cara ao interior da edificación.”

Suprimir o parágrafo cuarto do artigo 18, por entrar en contradición co parágrafo terceiro do artigo 17.

Artigo 19°. Regras de corrección de vibracións.

“Para corrixir a transmisión de vibracións deberán terse en conta as seguintes regras:

Segundo. Non se permite ancorar maquinaria, soportes desta ou calquera órgano móbil nas paredes medianeiras, teitos ou forxados de separación entre locais de calquera clase de actividade, así como nos elementos da estructura da edificación.”

A modificación que se propón do parágrafo segundo do artigo 19 é a seguinte:

Artigo 19.- No se permite ancorar en calquera caso a maquinaria, soportes ríxidos desta o calquera outro órgano móbil ás paredes medianeiras, teitos ou forxados de separación entre locais de calquera clase de actividade, así como nos elementos da estrutura da edificación, sen interpoñer os dispositivos elásticos e antivibratorios correspondentes en función das características do equipo instalado que garanten a ausencia de transmisión de vibracións.

Artigo 44°. Condicións mínimas que deben reunir os locais.

4. “En todos os casos, a relación entre a lonxitude de fachada á vía pública e a superficie total útil do establecemento en planta baixa será como mínimo dun metro lineal de fachada por cada vintecinco metros cadrados de superficie excluíndose os edificios de uso exclusivo, non residencial.”

Modificar a redacción do parágrafo 4º do artigo 44 que quedará redactado coma segue:

Artigo 44.4.- Nos locais onde se desenvolvan actividades das definidas no artigo 42 e que se atopen en galerías ou pasaxes, a relación entre a lonxitude da de fachada á vía pública e a superficie total útil do establecemento en planta baixa será como mínimo dun metro lineal de fachada por cada vintecinco metros cadrados de superficie, excepcionándose do cumprimento desta condición, cando os locais se atopen en galerías ou paisaxes de edificios con uso exclusivo non residencial. En todo caso, a lonxitude da fachada do local será a suficiente para cumprir as especificacións establecidas no DB SI del CTE

Artigo 44.- Condicións mínimas que deben reunir os locais.

6. “Non se permitirá a instalación e uso de aparellos de música ou videomusicais ou a utilización de instrumentos musicais nos establecementos do grupo I. Nesta categoría de establecementos soamente poderá instalarse fío musical, un aparello de radio ou de televisión, que deberán funcionar sen estar conectados a amplificadores ou a altofalantes.”

Modificar a redacción do parágrafo 6º do artigo 44 que quedará redactado coma segue:

Artigo 44.6.- Non se permitirá a instalación e uso de aparellos de música ou videomusicais ou a utilización de instrumentos de amplificación ou altofalantes distintos ós dos propios aparellos, nos establecementos do grupo I. Nesta categoría de establecementos soamente poderá instalarse fío musical, un aparello de radio ou de televisión, que deberán funcionar sen estar conectados a amplificadores ou a altofalantes distintos aos propios do aparello.”

7. “Non se permitirá a instalación de equipos ou a apertura de saídas de ventilación forzada directamente a patios de luces. Nos patios soamente se permitirá a instalación de conductos de ventilación ou chemineas de fumes que vaian sempre á parte superior do plano de cuberta do edificio. A ventilación dos aseos conducirase sempre á cuberta do edificio. A ventilación forzada dos locais non producirá en ningún caso molestias aos veciños do inmoble ou aos usuarios da vía pública. A distancia das saídas de aire a fiestras situadas fronte ao equipo de ventilación non será menor a catro metros.”

Modificar a redacción do parágrafo 7º do artigo 44 que quedará así redactado, co fin de evitar a existencia de equipos de ventilación forzada, climatización ou outros, nos patios de luces e patios de cuarteirón, polas molestias que están a xerar estas instalacións:

Artigo 44.7.- Non se permitirá en ningún tipo de patio a instalación de aparellos ou equipos susceptibles de producir molestias por ruídos ou vibracións, estes deberán ubicarse sempre dentro da liña de fachada.

No caso dos patios de luces, prohíbese a apertura de saídas directas de ventilación forzada; soamente se permitirá nestes patios a instalación de condutos de ventilación ou chemineas de fumes que vaian sempre á parte superior da cuberta do edificio.

A ventilación forzada dos locais non producirá en ningún caso molestias aos veciños do inmoble nin aos usuarios da vía pública. A distancia entre as saídas de aire e as fiestras situadas fronte ao equipo de ventilación non será inferior a catro (4) metros.

En todos os casos, a ventilación forzada dos aseos conducirase á cuberta do edificio.

Artigo 48.- Niveis de Illamento Acústico.-

2. “Esixirase que as actividades de ocio nocturno dispoñan nos seus elementos delimitadores, teito, chan e paredes, dos niveis mínimos de illamento global acústico a ruído aéreo que seguen:

a) Os locais destinados a bar, cafetería, restaurante e similares (grupo I), de 60 dBA.

b) Os que se destinen a bar especial, pub e similares (grupo II) de 65 dBA.

c) Os do grupo III e V, como os cafés-cantantes, karaokes, barras americanas, de 70 dBA.

d) Aqueles destinados a discoteca, disco-bar, sala de festas e similares (grupo IV) con pista de baile, de 75 dBA.”

Modificar o parágrafo segundo do artigo 48, tendo en conta as consideracións técnicas que constan no informe no que se contén a proposta de modificación da ordenanza, elaborada polos técnicos municipais con data 14 de abril de 2.010, e que supón a supresión da esixencia do illamento mínimo en fachada destes locais, mantendo nembargantes o illamentos en teitos, chan e paredes lindantes con outros locais e vivendas.

A xustificación desta interpretación da norma ven determinada polo feito de que acadar niveis de illamento de 60 dB A en fachada é tecnicamente moi difícil, ademais de que con niveles de illamento inferiores garántese igualmente que non se superan os niveis máximos de recepción externa previstos no artigo 13 da Ordenanza.

Artículo 55.- Recomendaciones Constructivas.

6. Outras condicións

“Deixarase un punto de inspección por cada 50 metros cadrados, no que se poderá observar o illamento, ou en caso de que sexa imposible construír os rexistros, garantirase a existencia dos materiais de insonorización da forma que se indica no artigo 49.Será requisito imprescindible para considerar un local insonorizado que estea recebado o teito co fin de uniformar o illamento da placa. En calquera caso, comunicarase ao Concello a data de execución das obras de insonorización do local para que sexan inspeccionadas antes da súa finalización.”

Modificación deste parágrafo seis do artigo 55, eliminando a esixencia que fai referencia ós puntos de inspección, posto que elo supón a xeración de puntos débiles no illamento acústico do local.

Polo tanto o parágrafo quedaría redactado así:

Artigo 55.6.- Garantirase a existencia dos materiais de insonorización da forma que se indica no artigo 49. Será requisito imprescindible para considerar un local insonorizado que estea recebado o teito co fin de uniformar o illamento da placa.

Artigo 58. 5, parágrafo primeiro.-.

“As actividades complementarias desenvolvidas polos establecementos incluídos nos grupos I e II no exterior (terrazas en vía pública, en patios a terreos privados, etc.) non estarán sometidas ás limitacións do illamento acústico ou aos limites máximos de ruído permitidos no exterior. No obstante, en ningún caso se producirán ruídos que superen en espacios lindantes, horizantais ou verticais, os niveis fixados como niveis de recepción polo artigo 13 desta ordenanza. En todo caso, os espacios dedicados a estas actividades complementarias non poderán dispor de equipos de música ou outras reproduccións sonoras, así como tampouco outros elementos que sexan susceptibles de producir ruídos.”

O texto quedaría redactado como segue:

Artigo 58.5, parágrafo primeiro.-

As actividades complementarias desenvolvidas polos establecementos incluídos nos grupos I e II no exterior (terrazas en vía pública) non estarán sometidas ás limitacións do illamento acústico ou aos limites máximos de ruído permitidos no exterior. No obstante, en ningún caso se producirán ruídos que superen en espazos lindantes, horizantais ou verticais, os niveis fixados como niveis de recepción polo artigo 13 desta ordenanza. En todo caso, os espazos dedicados a estas actividades complementarias non poderán dispor de equipos de música ou outras reproducións sonoras, así como tampouco outros elementos que sexan susceptibles de producir ruídos.

Artigo 59.- Establecementos que non se axustan á licenza.

2.3” Concederase ao titular un prazo de dous meses para que solicite licencia de apertura para a actividade efectivamente desenvolvida no local ou, noutro caso, para que efectúe os necesarios cambios no establecemento co fin de axustar o exercicio da actividade ao establecido pola licencia.”

Modificar o prazo de dous meses a tres en coherencia co prazo de legalización establecido no artigo 111 da Lei 9/02 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. Polo que o apartado terceiro do parágrafo segundo do artigo 59 quedará redactado coma segue:

Artigo 59.2.3.-

Concederase ao titular un prazo de TRES meses para que solicite licenza de apertura para a actividade efectivamente desenvolvida no local ou, noutro caso, para que efectúe os necesarios cambios no establecemento co fin de axustar o exercicio da actividade ao establecido pola licenza.

Disposición Adicional Quinta.- Edificios catalogados

“Os edificios catalogados polo Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica ou polo Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural poderán eximirse do cumprimento dalgunha das condicións fixadas por esta ordenanza. Sen embargo, só poderán aceptarse excepcións xustificadas polo cumprimento da normativa do Plan especial. En todo caso, todos os locais deberán cumprir cos límites de ruído establecidos.

Excepcionalmente, no caso de apertura de novas actividades en locais situados en edificios catalogados, poderanse autorizar superficies mínimas inferiores, ata nun 20% como máximo, do establecido no artigo 44.3. “

Proponse a modificación deste segundo parágrafo da Disposición Adicional Quinta a instancia da Oficina de Rehabilitación Municipal xa que, derivado da experiencia e a comprobación dos locais existentes en edificios catalogados con nivel 1 e 2, sería necesario excepcionar a normativa xeral para poder facer viable a diversidade de usos nos locais ubicados nestas edificacións. Así esta norma quedaría redactada coma segue:

Disposición Adicional Quinta.- Edificios catalogados.

Parágrafo Segundo.- Excepcionalmente, no caso de apertura de novas actividades en locais preexistentes situados en edificios catalogados, poderanse autorizar superficies mínimas inferiores, ata nun 20% como máximo, do establecido no artigo 44.3. Asemade, para locais en edificios situados no ámbito de aplicación do Plan Especial 1 de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica, catalogados con nivel 1 e 2 poderá diminuírse a porcentaxe ata un 35% da superficie mínima.

Asemade, proponse engadir un novo parágrafo a esta Disposición Adicional Quinta, no seguinte senso:

Disposición Adicional Quinta.- Edificios Catalogados.

Parágrafo Terceiro.- Nos casos de locais en edificios catalogados onde sexa imposible o cumprimento das condicións establecidas no artigo 44.8 desta ordenanza por resultaren incompatibles coa normativa de protección do patrimonio cultural, poderá admitirse con carácter excepcional a adopción de solucións técnicas alternativas que garantan a ausencia de molestias a terceiros provocadas por fumes e cheiros, dimensionada ás condicións do local.

TRAMITACIÓN DA MODIFICACIÓN.-

En canto á tramitación da proposta de modificación da ordenanza, se informa.-

A Lei de Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, establece na súa Disposición Adicional Undécima, que para os municipios de gran poboación, como é o caso, as disposicións contidas no título X prevalecerán respecto das demais normas de igual ou inferior rango, no que se opoñan, contradigan ou resulten incompatibles.

En virtude do disposto no artigo 127.1, a), corresponde á Xunta de Goberno, a aprobación dos proxectos de ordenanzas e dos regulamentos, coa excepción das normas reguladoras do Pleno e das súas comisión.

Polo tanto, aínda que a competencia para a aprobación da Ordenanza é do Pleno da Corporación en virtude do disposto no artigo 123.1,d) da Lei de Bases, a competencia para a aprobación do proxecto da Ordenanza será da Xunta de Goberno Local, sen que sexa requirida unha maioría especial.

Polo exposto, proponse á Xunta de Goberno Local, a aprobación da proposta de modificación da Ordenanza Municipal Reguladora da Emisión de Ruídos, Vibracións e Condicións dos Locais (aprobada definitivamente polo pleno da corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de novembro de 2003 e Publicada o BOP do 24 de decembro de 2003) e, unha vez aprobada, se seguirá o procedemento previsto no artigo 49 da meritada Lei de Bases que determina:

A aprobación das Ordenanzas Locais axustarase ó seguinte procedemento:

a) Aprobación inicial do Pleno.

b) Información Pública e audiencia dos interesados por prazo mínimo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións.

c) Resolución de todas as reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva.

No caso de que non se tiveran presentado reclamacións ou suxestións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisorio.

En derradeiro lugar, e de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico Das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Ordenanza non producirá efectos xurídicos ata que non se leve a cabo a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Para a aprobación da modificación da ordenanza polo Pleno da Corporación se considera necesario o informe previo de Secretaria en base o disposto no artigo 89 do Regulamento Orgánico Municipal; aínda que non se considera necesario o informe de intervención xa que, ademais de non atoparnos en ningún dos supostos previstos no artigo 173 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e a Ordenanza, que determinarían a necesidade do informe, a aprobación do documento non xera de por si consecuencias económicas que fagan necesario este informe.

As únicas implicacións económicas da ordenanza son as xerais de liquidación das licenzas cando se soliciten en aplicación da mesma.”

O 27 de maio seguinte, as concelleiras delegadas de urbanismo e rehabilitación e cidade histórica presentaron unha proposta do seguinte teor:

“Con data 3 de maio de 2.010 formalizamos a proposta das Concellerías de Urbanismo e Rehabilitación en relación coa modificación da Ordenanza Ordenanza Municipal reguladora da Emisión de Ruídos, Vibracións e Condicións dos Locais:

Como consecuencia dos debates mantidos na Comisión Informativa de Urbanismo previa ó debate e resolución plenaria do asunto, plantexaronse unha serie de modificacións puntuais que se recollen nesta nova proposta e que non modifican substancialmente á proposta de ordenanza que foi aprobada pola Xunta de Goberno Local.

Así en base a elo a nova proposta quedaría redactada coma segue:

Á vista do informe emitido pola Xefatura de Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística de data 20 de maio de 2.010, do seguinte contido: “Que con esta mesma data, a arquitecto técnico, Dona Mónica Rodríguez e a enxeñeira técnica, Dona Margarita Vicente emitiron un informe no que propoñen a modificación dunha serie de artigos da Ordenanza Municipal de Ruídos, Vibracións e Condicións dos Locais, co fin de adaptalos á normativa vixente, Código Técnico da Edificación, Lei 37/2003 de 17 de novembro do ruído, RD. 1367/2007, de 19 de outubro, polo que se desenvolve a anterior, entre outras.

Asemade, dende esta Xefatura de Servizo se propón a modificación dos artigos 15, 16 17 e 18 para adaptalos á normativa vixente CTE e á lexislación de ruídos, e para clarexar quen ten que presentar a documentación acreditativa do illamento acústico das edificacións; e asemade, do apartado terceiro do parágrafo 2º do artigo 59 para adapta-lo á normativa da Lei 9/02 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

Con fin de facilitar o estudio da modificación se transcriben os artigos na súa redacción actual, en cursiva e, de seguido a proposta de modificación dos mesmos, en negrita:

Artigo 15.1.-

“As condicións acústicas esixibles ós diversos elementos constructivos que compoñen a edificación serán as determinadas no capítulo III da Norma Básica da Edificación sobre condicións acústicas (NBE-CA-88)”

A modificación deste artigo se realiza para suprimir a referencia á NBE-CA-88, por tratarse dunha norma derrogada e facer referencia á normativa vixente, o DB HR del CTE. Así o texto quedaría coma segue:

Artigo 15.1

As condicións acústicas esixibles aos diversos elementos construtivos que compoñen a edificación serán as determinadas no DB HR del CTE.

Artigo 16.1

A partir da presentación do correspondente certificado de fin de obra, o Concello comprobará o cumprimento das prescricións establecidas neste título, comprobación que poderá omitirse se a achegan os promotores, xunto coa anterior certificación, certificado de illamento acústico expedido por empresas ou entidades homologadas pola Consellería de Medio Ambiente.

A modificación deste parágrafo primeiro do artigo 16, proponse co fin de clarexar que será o promotor da edificación quen terá que xustificar o cumprimento do illamento acústico da mesma e que o Concello comprobará a xustificación presentada.

Artigo 16.1

Xunto coa certificación de fin de obra o promotor deberá presentar certificado de illamento acústico expedido por empresas ou entidades homologadas pola Consellería de Medio Ambiente. Unha vez presentada dita documentación o concello comprobará, á vista da mesma, o cumprimento das prescricións establecidas neste título.

Artigo 17º. Solucións constructivas

“Para os efectos dos límites fixados no artigo 13º sobre protección do ambiente exterior teranse en conta as seguintes prescricións:

Primeira. En todas as edificacións, a solución constructiva dos cerramentos exteriores dotados ou, non de illamento acústico, proporcionará unha atenuación global mínima para os ruídos aéreos de 45 dBA no intervalo de frecuencias comprendidas entre 100 e 3.150 Hz.

Terceira. Os aparellos elevadores, as instalacións de acondicionamento de aire e torres de refrixeración, a distribución, depuración de augas, a transformación de enerxía eléctrica, instalacións de calefacción e demais servicios dos edificios, serán instalados coas precaucións de localización e illamento que garantan un nivel de transmisión sonoro non superior aos límites fixados nos artigos 13° e 18°.

En particular, os cuartos de caldeiras e as salas de maquinaria non poderán lindar por paramentos horizontais e verticais con zonas destinadas a uso de vivenda, dentro dun mesmo edificio. En caso de imposibilidade física, o local de contención deberá estar illado integramente ata alcanzar un nivel mínimo de 70 dBA con relación á vivenda.”

Proponse, eliminar o parágrafo primeiro do artigo 17 xa que se entende que entra en contradición co expresado no parágrafo primeiro do artigo 15 da norma e o derradeiro punto do parágrafo segundo do apartado terceiro do mesmo artigo que di: En caso de imposibilidade física, o local de contención deberá estar illado integramente ata alcanzar un nivel mínimo de 70 dBA con relación á vivenda, por entrar en contradición con la normativa do CTE, que establece un nivel mínimo de 55 dBA.

Artigo 18º. Normas de Protección do ambiente interior.-

“Cuarto. Os aparellos elevadores e demais elementos que se mencionan na prescrición terceira do artigo anterior serán instalados coas precaucións de localización e illamento que garantan un nivel de transmisión sonora non superior a 32 dBA cara ao interior da edificación.”

Suprimir o parágrafo cuarto do artigo 18, por entrar en contradición co parágrafo terceiro do artigo 17.

Artigo 19°. Regras de corrección de vibracións.

“Para corrixir a transmisión de vibracións deberán terse en conta as seguintes regras:

Segundo. Non se permite ancorar maquinaria, soportes desta ou calquera órgano móbil nas paredes medianeiras, teitos ou forxados de separación entre locais de calquera clase de actividade, así como nos elementos da estructura da edificación.”

A modificación que se propón do parágrafo segundo do artigo 19 é a seguinte:

Artigo 19.- No se permite ancorar en calquera caso a maquinaria, soportes ríxidos desta o calquera outro órgano móbil ás paredes medianeiras, teitos ou forxados de separación entre locais de calquera clase de actividade, así como nos elementos da estrutura da edificación, sen interpoñer os dispositivos elásticos e antivibratorios correspondentes en función das características do equipo instalado que garanten a ausencia de transmisión de vibracións.

Artigo 44°. Condicións mínimas que deben reunir os locais.

4. “En todos os casos, a relación entre a lonxitude de fachada á vía pública e a superficie total útil do establecemento en planta baixa será como mínimo dun metro lineal de fachada por cada vintecinco metros cadrados de superficie excluíndose os edificios de uso exclusivo, non residencial.”

Modificar a redacción do parágrafo 4º do artigo 44 que quedará redactado coma segue:

Artigo 44.4.- Nos locais onde se desenvolvan actividades das definidas no artigo 42 e que se atopen en galerías ou pasaxes, a relación entre a lonxitude da de fachada á vía pública e a superficie total útil do establecemento en planta baixa será como mínimo dun metro lineal de fachada por cada vinte e cinco metros cadrados de superficie, excepcionándose do cumprimento desta condición, cando os locais se atopen en galerías ou paisaxes de edificios con uso exclusivo non residencial. En todo caso, a lonxitude da fachada do local será a suficiente para cumprir as especificacións establecidas no DB SI del CTE.

Artigo 44.- Condicións mínimas que deben reunir os locais.

6. “Non se permitirá a instalación e uso de aparellos de música ou videomusicais ou a utilización de instrumentos musicais nos establecementos do grupo I. Nesta categoría de establecementos soamente poderá instalarse fío musical, un aparello de radio ou de televisión, que deberán funcionar sen estar conectados a amplificadores ou a altofalantes.”

Modificar a redacción do parágrafo 6º do artigo 44 que quedará redactado coma segue:

Artigo 44.6.- Non se permitirá a instalación e uso de aparellos de música ou videomusicais ou a utilización de instrumentos de amplificación ou altofalantes distintos ós dos propios aparellos, nos establecementos do grupo I. Nesta categoría de establecementos soamente poderá instalarse fío musical, un aparello de radio ou de televisión, que deberán funcionar sen estar conectados a amplificadores ou a altofalantes distintos aos propios do aparello.”

Artigo 44.- Condicións mínimas que deben reunir os locais.

7. “Non se permitirá a instalación de equipos ou a apertura de saídas de ventilación forzada directamente a patios de luces. Nos patios soamente se permitirá a instalación de conductos de ventilación ou chemineas de fumes que vaian sempre á parte superior do plano de cuberta do edificio. A ventilación dos aseos conducirase sempre á cuberta do edificio. A ventilación forzada dos locais non producirá en ningún caso molestias aos veciños do inmoble ou aos usuarios da vía pública. A distancia das saídas de aire a fiestras situadas fronte ao equipo de ventilación non será menor a catro metros.”

Modificar a redacción do parágrafo 7º do artigo 44 que quedará así redactado, co fin de evitar a existencia de equipos de ventilación forzada, climatización ou outros, nos patios de luces e patios de cuarteirón, polas molestias que están a xerar estas instalacións:

Artigo 44.7.- Non se permitirá en ningún tipo de patio a instalación de aparellos ou equipos susceptibles de producir molestias por ruídos ou vibracións, estes deberán ubicarse sempre dentro da liña de fachada.

No caso dos patios de luces, prohíbese a apertura de saídas directas de ventilación forzada; soamente se permitirá nestes patios a instalación de condutos de ventilación ou chemineas de fumes que vaian sempre á parte superior da cuberta do edificio.

A ventilación forzada dos locais non producirá en ningún caso molestias aos veciños do inmoble nin aos usuarios da vía pública. A distancia entre as saídas de aire e as fiestras situadas fronte ao equipo de ventilación non será inferior a catro (4) metros.

En todos os casos, a ventilación forzada dos aseos conducirase á cuberta do edificio.

Artigo 48.- Niveis de Illamento Acústico.-

2. “Esixirase que as actividades de ocio nocturno dispoñan nos seus elementos delimitadores, teito, chan e paredes, dos niveis mínimos de illamento global acústico a ruído aéreo que seguen:

a) Os locais destinados a bar, cafetería, restaurante e similares (grupo I), de 60 dBA.

b) Os que se destinen a bar especial, pub e similares (grupo II) de 65 dBA.

c) Os do grupo III e V, como os cafés-cantantes, karaokes, barras americanas, de 70 dBA.

d) Aqueles destinados a discoteca, disco-bar, sala de festas e similares (grupo IV) con pista de baile, de 75 dBA.”

Modificar o parágrafo segundo do artigo 48, tendo en conta as consideracións técnicas que constan no informe no que se contén a proposta de modificación da ordenanza, elaborada polos técnicos municipais con data 14 de abril de 2.010, e que supón a supresión da esixencia do illamento mínimo en fachada destes locais, mantendo nembargantes o illamentos en teitos, chan e paredes lindantes con outros locais e vivendas.

A xustificación desta interpretación da norma ven determinada polo feito de que acadar niveis de illamento de 60 dB A en fachada é tecnicamente moi difícil, ademais de que con niveles de illamento inferiores garántese igualmente que non se superan os niveis máximos de recepción externa previstos no artigo 13 da Ordenanza.

Artículo 55.- Recomendaciones Constructivas.

6. Outras condicións

“Deixarase un punto de inspección por cada 50 metros cadrados, no que se poderá observar o illamento, ou en caso de que sexa imposible construír os rexistros, garantirase a existencia dos materiais de insonorización da forma que se indica no artigo 49.Será requisito imprescindible para considerar un local insonorizado que estea recebado o teito co fin de uniformar o illamento da placa. En calquera caso, comunicarase ao Concello a data de execución das obras de insonorización do local para que sexan inspeccionadas antes da súa finalización.”

Modificación deste parágrafo seis do artigo 55, eliminando a esixencia que fai referencia ós puntos de inspección, posto que elo supón a xeneración de puntos débiles no illamento acústico do local.

Polo tanto o parágrafo quedaría redactado así:

Artigo 55.6.- Garantirase a existencia dos materiais de insonorización da forma que se indica no artigo 49. Será requisito imprescindible para considerar un local insonorizado que estea recebado o teito co fin de uniformar o illamento da placa.

Artigo 58. 5, parágrafo primeiro.-.

“As actividades complementarias desenvolvidas polos establecementos incluídos nos grupos I e II no exterior (terrazas en vía pública, en patios a terreos privados, etc.) non estarán sometidas ás limitacións do illamento acústico ou aos limites máximos de ruído permitidos no exterior. No obstante, en ningún caso se producirán ruídos que superen en espacios lindantes, horizontais ou verticais, os niveis fixados como niveis de recepción polo artigo 13 desta ordenanza. En todo caso, os espacios dedicados a estas actividades complementarias non poderán dispor de equipos de música ou outras reproducións sonoras, así como tampouco outros elementos que sexan susceptibles de producir ruídos.”

O texto quedaría redactado como segue:

Artigo 58.5, parágrafo primeiro.-

As actividades complementarias desenvolvidas polos establecementos incluídos nos grupos I e II no exterior (terrazas en vía pública) non estarán sometidas ás limitacións do illamento acústico ou aos limites máximos de ruído permitidos no exterior. No obstante, en ningún caso se producirán ruídos que superen en espazos lindantes, horizontais ou verticais, os niveis fixados como niveis de recepción polo artigo 13 desta ordenanza. En todo caso, os espazos dedicados a estas actividades complementarias non poderán dispor de equipos de música ou outras reproducións sonoras, así como tampouco outros elementos que sexan susceptibles de producir ruídos.

Artigo 59.- Establecementos que non se axustan á licenza.

2.3” Concederase ao titular un prazo de dous meses para que solicite licencia de apertura para a actividade efectivamente desenvolvida no local ou, noutro caso, para que efectúe os necesarios cambios no establecemento co fin de axustar o exercicio da actividade ao establecido pola licencia.”

Modificar o prazo de dous meses a tres en coherencia co prazo de legalización establecido no artigo 111 da Lei 9/02 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. Polo que o apartado terceiro do parágrafo segundo do artigo 59 quedará redactado coma segue:

Artigo 59.2.3.-

Concederase ao titular un prazo de TRES meses para que solicite licenza de apertura para a actividade efectivamente desenvolvida no local ou, noutro caso, para que efectúe os necesarios cambios no establecemento co fin de axustar o exercicio da actividade ao establecido pola licenza.

Disposición Adicional Quinta.- Edificios catalogados

“Os edificios catalogados polo Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica ou polo Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural poderán eximirse do cumprimento dalgunha das condicións fixadas por esta ordenanza. Sen embargo, só poderán aceptarse excepcións xustificadas polo cumprimento da normativa do Plan especial. En todo caso, todos os locais deberán cumprir cos límites de ruído establecidos.

Excepcionalmente, no caso de apertura de novas actividades en locais situados en edificios catalogados, poderanse autorizar superficies mínimas inferiores, ata nun 20% como máximo, do establecido no artigo 44.3. “

Proponse a modificación deste segundo parágrafo da Disposición Adicional Quinta a instancia da Oficina de Rehabilitación Municipal xa que, derivado da experiencia e a comprobación dos locais existentes en edificios catalogados con nivel 1 e 2, sería necesario excepcionar a normativa xeral para poder facer viable a diversidade de usos nos locais ubicados nestas edificacións. Así esta norma quedaría redactada coma segue:

Disposición Adicional Quinta.- Edificios catalogados.

Parágrafo Segundo.- Excepcionalmente, no caso de apertura de novas actividades en locais preexistentes situados en edificios catalogados, poderanse autorizar superficies mínimas inferiores, ata nun 20% como máximo, do establecido no artigo 44.3. Asemade, para locais en edificios situados no ámbito de aplicación do Plan Especial 1 de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica, catalogados con nivel 1 e 2 poderá diminuírse a porcentaxe ata un 35% da superficie mínima.

Asemade, proponse engadir un novo parágrafo a esta Disposición Adicional Quinta, no seguinte senso:

Disposición Adicional Quinta.- Edificios Catalogados.

Parágrafo Terceiro.- Nos casos de locais en edificios catalogados onde sexa imposible o cumprimento das condicións establecidas no artigo 44.8 desta ordenanza por resultaren incompatibles coa normativa de protección do patrimonio cultural, poderá admitirse con carácter excepcional a adopción de solucións técnicas alternativas que garantan a ausencia de molestias a terceiros provocadas por fumes e cheiros, dimensionada ás condicións do local.

TRAMITACIÓN DA MODIFICACIÓN.-

En canto á tramitación da proposta de modificación da ordenanza, se informa.-

A Lei de Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, establece na súa Disposición Adicional Undécima, que para os municipios de gran poboación, como é o caso, as disposicións contidas no título X prevalecerán respecto das demais normas de igual ou inferior rango, no que se opoñan, contradigan ou resulten incompatibles.

En virtude do disposto no artigo 127.1, a), corresponde á Xunta de Goberno, a aprobación dos proxectos de ordenanzas e dos regulamentos, coa excepción das normas reguladoras do Pleno e das súas comisión.

Polo tanto, aínda que a competencia para a aprobación da Ordenanza é do Pleno da Corporación en virtude do disposto no artigo 123.1,d) da Lei de Bases, a competencia para a aprobación do proxecto da Ordenanza será da Xunta de Goberno Local, sen que sexa requirida unha maioría especial.

Polo exposto, proponse á Xunta de Goberno Local, a aprobación da proposta de modificación da Ordenanza Municipal Reguladora da Emisión de Ruídos, Vibracións e Condicións dos Locais (aprobada definitivamente polo pleno da corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de novembro de 2003 e Publicada o BOP do 24 de decembro de 2003) e, unha vez aprobada, se seguirá o procedemento previsto no artigo 49 da meritada Lei de Bases que determina:

A aprobación das Ordenanzas Locais axustarase ó seguinte procedemento:

a) Aprobación inicial do Pleno.

b) Información Pública e audiencia dos interesados por prazo mínimo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións.

c) Resolución de todas as reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva.

No caso de que non se tiveran presentado reclamacións ou suxestións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisorio.

En derradeiro lugar, e de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico Das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Ordenanza non producirá efectos xurídicos ata que non se leve a cabo a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Para a aprobación da modificación da ordenanza polo Pleno da Corporación se considera necesario o informe previo de Secretaria en base o disposto no artigo 89 do Regulamento Orgánico Municipal; aínda que non se considera necesario o informe de intervención xa que, ademais de non atoparnos en ningún dos supostos previstos no artigo 173 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e a Ordenanza, que determinarían a necesidade do informe, a aprobación do documento non xera de por si consecuencias económicas que fagan necesario este informe.

As únicas implicacións económicas da ordenanza son as xerais de liquidación das licenzas cando se soliciten en aplicación da mesma.”

Ademais das propostas de modificación contidas neste informe técnico, proponse tamén a modificación, do Artigo 58.5, parágrafo primeiro no seguinte sentido, suprimir a referencia que se fai ás terrazas en vía pública, posto que as limitacións contidas neste artigo resultan tamén de aplicación ás actividades autorizadas desenvolvidadas polos establecementos do grupo I e II no exterior en espacios non edificados das parcelas privadas. Asemade, en relación co dito parágrafo é necesaria tamén a corrección dun erro material detectado, pois a referencia que se fai ás limitacións do illamento acústico ou ós límites máximos permitidos non pode ser no “exterior”, como dí o texto senon no “interior”.

En base a elo, o parágrafo primeiro do artigo 58.5 queda redactado coma segue:

“As actividades complementarias desenvolvidas polos establecementos incluídos nos grupos I e II no exterior non estarán sometidas ás limitacións do illamento acústico ou aos limites máximos de ruído permitidos no interior. No obstante, en ningún caso se producirán ruídos que superen en espacios lindantes, horizontais ou verticais, os niveis fixados como niveis de recepción polo artigo 13 desta ordenanza. En todo caso, os espacios dedicados a estas actividades complementarias non poderán dispor de equipos de música ou outras reproducións sonoras, así como tampouco outros elementos que sexan susceptibles de producir ruídos. “

A vista do exposto, propoñemos, ó Pleno da Corporación, a adopción do seguinte acordo:

APROBACIÓN DO PROXECTO DE MODIFICACIÓN da Ordenanza Municipal Reguladora da Emisión de Ruídos, Vibracións e Condicións dos Locais, no senso que se fai constar nesta proposta.”

Finalmente a Comisión informativa de urbanismo, infraestruturas e vivenda, na sesión ordinaria que tivo lugar o 20 de maio de 2010 emitiu un Ditame favorable do seguinte teor literal:

“Primeiro.- Incorporar ó proxecto de Modificación da Ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais, que foi aprobado pola Xunta de Goberno Local o pasado 11 de maio, as rectificacións precisas para clarificar a redacción dos seguintes artigos:

Artigo 16 (claréxase que a modificación afecta só ó punto 1 do artigo 16, quedando vixentes os restantes puntos do citado artigo)

Artigo 19: Non se permite ancorar en calquera caso (…)

Artigo 44.4: (…) en edificios con uso exclusivo non residencial (…)

Artigo 44.6: Non se permitirá a instalación e uso de aparellos de música ou videomusicais ou a utilización de instrumentos de amplificación ou altofalantes distintos ós dos propios aparellos (…)

Segundo.- Aprobar inicialmente a Modificación da Ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais, coas correccións sinaladas no punto anterior.

Terceiro.- En aplicación do procedemento regulado polo artigo 49 da Lei de bases do réxime local, a modificación da ordenanza someterase a información pública e audiencia dos interesados durante o prazo de trinta días soltos, para presentación de reclamacións e suxestións. A tal fin publicarase o correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

No caso de que non se tiveran presentado reclamacións ou suxestións entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisorio.”

Xa que logo, de conformidade co Ditame favorable da Comisión informativa transcrito con anterioridade e consonte co informe da Xefa do Servizo de licenzas do que se fixo mérito, o pleno da corporación por unanimidade acorda aprobar inicialmente a ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais no sentido indicado no informe, na proposta e no ditame da Comisión informativa transcritos na parte expositiva deste acordo.

O presente acordo de aprobación inicial someterase ao trámite de información pública durante o prazo de trinta días soltos para os efectos de reclamacións ou suxestións.

De non habelas, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

O ALCALDE,

Asdo. Xosé A. Sánchez Bugallo

…………………….

Enlace corto para difundir esta entrada: http://wp.me/Pmylv-14

——————————————————

Ordenanza de Convivencia, Residuos e limpieza viaria de Santiago de Compostela. BOP 17.02.2007 VER ENLACE: 02ordenanza-de-convivencia

——————————————————

LEGISLACIÓN ANTERIOR:

Ordenanza Xeral Municipal Reguladora de Emisión e Recepción de ruidos, Vibracións e Condicións dos locais. BOP 24.12.2003 VER ENLACE:  01ordenanza-de-ruidos

——————————————————–

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s