http://www.santiagodecompostela.org/medi/tramites/Normativa_Municipal/1._Ordenanzas_Xerais/Urbanismo/Decreto_e_modificacion_zonas_saturadas.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/01/03/2010_0000018950.html

Anuncio de información pública do inicio do expediente de declaración de zonas saturadas

A Alcaldía-Presidencia, mediante decreto de data 28 de decembro de 2010, adoptou a seguinte resolución:

PRIMEIRO.- Iniciar o expediente de declaración de zonas saturadas, propoñendo que dita declaración se estenda aos sectores da cidade comprendidos polas seguintes rúas:

Rúa da Raíña, Rúa da Conga, Rúa do Bispo Xelmírez, Rúa de San Paio de Antealtares, Rúa de San Bieito, Vía Sacra, Rúa da Algalia de Abaixo, Rúa de Entremuros, Rúa da Troia, Rúa Travesa, Rúa Nova de Abaixo, Rúa de Santiago de Estero, Rúa de Alfredo Brañas, Rúa de Ramón Cabanillas, Rúa de Santiago de Chile e Rúa da República Arxentina.

A delimitación física da zona obxecto da declaración de zonas saturadas será a que figura no plano que se achega ao expediente.

A declaración afectará ás seguintes actividades:

– Todas as definidas no artigo 42 da Ordenanza municipal xeral reguladora da emisión e recepción de ruídos, vibracións e condicións dos locais, segundo a súa modificación aprobada polo Pleno da Corporación o 1 de outubro de 2010, publicada no Boletín Oficial da Provincia do 23 de novembro de 2010; agás, do grupo I, os restaurantes.

– As chamadas “tendas de conveniencia” ou “tendas vintecatro horas”.

A declaración de zona saturada terá os seguintes efectos:

– Quedará suspendido o outorgamento de novas licenzas de apertura ou ampliación das actividades incluídas no apartado anterior, con efectos dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia do Decreto que resolva a declaración das zonas saturadas.

– Non se concederán os cambios de titularidade das licenzas existentes cando o outorgamento supoña a execución de obras que incrementen o aforo do local.

– Quedará prohibida a permanencia das terrazas autorizadas en espazo público e situadas en espazos suxeitos a declaración de zona saturada, por riba da 01:30 horas en horario de verán e das 00:00 horas no resto do ano.

A declaración revisarase cada catro anos.

SEGUNDO.- Abrir un período de información pública por prazo de vinte días, mediante a publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente acordo. O expediente estará a disposición dos interesados nas dependencias de Urbanismo, Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística, no segundo andar do Pazo de Raxoi, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2010

O alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo

<><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><>

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/11/23/2010_0000016836.html

Negociado de licencias de aperturas – modificación ordenanza

ANUNCIO DE RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA EMISIÓN DE RUÍDOS, VIBRACIÓNS E CONDICIÓNS DOS LOCAIS.

O pleno da corporación na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 1 de outubro de 2010, de conformidade ao ditame favorable da Comisión informativa de Urbanismo, Infraestruturas e Vivenda, correspondente á súa reunión do día 28 de setembro de 2010 e consonte cos informes técnico e xurídico, adoptou o seguinte acordo:

a) Resolver as alegacións presentadas de conformidade co informe emitido pola xefa do Servizo de Licenzas o 17 de setembro de 2010.

b) Aprobar definitivamente a Modificación da Ordenanza Municipal de ruídos vibracións e condicións dos locais coas modificacións respecto do aprobado inicialmente que resultan do citado informe.

O presente acordo, notificarase persoalmente aos interesados. Así mesmo publicarase no Boletín Oficial da Provincia xunto co texto da modificación aprobada que é do teor literal seguinte:

“Artigo 15.1

As condicións acústicas esixibles aos diversos elementos construtivos que compoñen a edificación serán as determinadas no DB HR del CTE.

Artigo 16.1

Xunto coa certificación de fin de obra o promotor deberá presentar certificado de illamento acústico expedido por empresas ou entidades homologadas pola Consellería de Medio Ambiente. Unha vez presentada dita documentación o concello comprobará, á vista da mesma, o cumprimento das prescricións establecidas neste título.

Artigo 17º. Solucións construtivas

Para os efectos dos límites fixados no artigo 13º sobre protección do ambiente exterior teranse en conta as seguintes prescricións:

Os aparellos elevadores, as instalacións de acondicionamento de aire e torres de refrixeración, a distribución, depuración de augas, a transformación de enerxía eléctrica, instalacións de calefacción e demais servicios dos edificios, serán instalados coas precaucións de localización e illamento que garantan un nivel de transmisión sonoro non superior aos límites fixados nos artigos 13° e 18°.

En particular, os cuartos de caldeiras e as salas de maquinaria non poderán lindar por paramentos horizontais e verticais con zonas destinadas a uso de vivenda, dentro dun mesmo edificio.

Artigo 18º. Normas de Protección do ambiente interior.-

Con relación aos límites fixados no artigo 13° sobre protección do ambiente interior dos recintos, observaranse as seguintes normas:

Primeira. En todas as edificacións, os cerramentos exteriores axustaranse ao disposto na prescrición primeira do artigo anterior. Non obstante, nos casos en que a edificación se vaia realizar nun sector afectado por ruídos tales como os procedentes de trens, estacións de autobuses ou similares, o illamento acústico esixido poderá aumentarse se se considera imprescindible para atenuar os efectos de importantes agresións acústicas, chegando en casos extremos, a prohibírense determinados usos do solo.

Segunda. Nos inmobles en que coexistan vivendas e outros usos autorizados polas ordenanzas municipais non se permitirá a instalación, funcionamento ou uso de ningunha máquina, aparello ou manipulación cun nivel sonoro que exceda de 75 dBA.

Terceira. Prohíbese toda emisión de ruídos nos establecementos situados en edificios de vivendas cando o nivel sonoro transmitido a aquelas exceda de 30 dBA durante a noite (de 22 a 8 horas), e 35 dBA durante o día (de 8 a 22 horas).

Cuarta. As máquinas, aparellos ou manipulacións xeradores ruídos de nivel superior a 80 BA que puidesen instalarse ou realizarse en edificios fabrís, situaranse en locais ad hoc, illados dos restantes lugares de permanencia de persoal, de forma que neles non se exceda o límite de 80 dBA. Os operarios encargados do manexo de tales elementos serán provistos de medios de protección persoal que garantan a súa seguridade e saúde.

Artigo 19.2.-

No se permitira ancorar en calquera caso a maquinaria, soportes ríxidos desta o calquera outro órgano móvil ás paredes medianeiras, teitos ou forxados de separación entre locais de calquera clase de actividade, así como nos elementos da estructura da edificación, sen interpoñer os dispositivos elásticos e antivibratorios correspondentes en función das características do equipo instalado que garanten a ausencia de transmisión de vibracións.

Artigo 41°. Definición das actividades segundas determinacións do Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, Decreto 292/2004, do 18 de novembro:

Actividades de restauración:

Restaurantes: son os establecementos definidos como tales na normativa de turismo. Dispoñen das seguintes subcategorías:

Salóns de banquetes: restaurantes destinados a servir xantares e bebidas a un público agrupado, mediante prezo concertado, para ser consumidas en data e hora predeterminadas en servicio de mesas no mesmo local. Poden realizar actividades de baile posterior ó xantar, sempre que reúna as debidas condicións de seguridade e insonorización.

Bar, café-bar: son os establecementos definidos como tales na normativa de turismo. Consta das seguintes subcategoría:

Tablaos flamencos: establecementos públicos fixos nos que se desenvolven actuacións de danza e música flamenca en directo, debendo dispoñer dun escenario de madeira elevado a unha altura suficiente para que poda ser observado polo público que se atopa nas mesas nas que se ofrece o servicio de bar, café bar, segundo conste na perceptiva autorización turística. O local deberá dispor de tablao e mesas para as consumicións do público, debendo existir entre o tablao e as mesas unha distancia de polo menos tres metros e sempre suficiente para garantir a seguridade dos actores e dos usuarios do local. Carecendo de pista de baile, o tablao ou escenario debe ter unhas medidas mínimas de 20 m2 de superficie. O local debe contar, cando menos cun camerino. O horario coincidirá co da actividade principal que é a de restauración.

Cafetería: son os establecementos definidos así pola normativa de turismo. Consta das seguintes subcategorías:

Cafés-teatro, cafés-concerto, cafés-cantante: establecementos nos que se desenvolve a actividade de cafetería nos termos do previsto no catálogo xunto con actuacións teatrais, de variedades ou musicais en directo, sen pista de baile para o público, podendo ou non dispor de escenario e camerinos, e nos que se ofrece servicio de bebidas. Esta prohibido que nestes locais se celebren bailes. O horario en este establecemento será o da actividade principal que é a de restauración.

Locais de restauración con horario especial en función do persoal ó que vaian destinados, que son aqueles centros de restauración situados en aeroportos, portos, hoteis, polígonos industriais e, en xeral, en zonas delimitadas territorialmente que estén adicados a satisfacer as necesidades dos usuarios e profesionais das actividades e empresas situadas neste territorio delimitado, sempre que neles se ofreza exclusivamente bebidas e alimentos para o consumo inmediato, sen que en ningún caso poidan dispoñer de espazos para a celebración de bailes, medios de reprodución de música de ningún tipo, ou acceso doutras persoas alleas á actividade principal.

Actividades de ocio e entretemento:

Salas de festas: establecementos públicos fixos e independentes especialmente preparados para ofrecer dende un escenario actuacións de variedades ou musicais fundamentalmente en directo. Disporán de pistas de baile para o público e este seguirá as actuacións dende lugares distribuídos derredor da pista de baile ou do escenario, pudendo ofrecerlles servizo de bar. Disporán de roupeiro e camerinos.

Discotecas: establecementos públicos fixos e independentes especialmente preparados nos que, ademais de servir bebidas, dispoñen dunha ou máis pistas de baile para o público, sen ofrecer actuacións en directo. Disporán de roupeiro.

Salas de baile: establecementos públicos fixos que disporán duna pista de baile y que están dirixidos á ensinanza de baile como actividade de ocio. Se considera pista de baile, ós efectos deste catálogo, o espazo especialmente delimitado e destinado a tal fin, desprovisto de obstáculos construtivos ou de mobiliario e de dimensións suficientes para circunscribir un círculo de diámetro mínimo de sete metros.

Pubs: establecementos públicos fixos e independentes dedicados exclusivamente ó servicio de bebidas. Poden dispoñer de ambientación musical por medios técnicos, pero sen pista de baile.

Karaoke: establecementos fixos dedicados exclusivamente ó servizo de bebidas que ofrecen a posibilidade de saír a un escenario a cantar e contan cos medios técnicos apropiados para o desenvolvemento da actividade, sen pista de baile.

Cibercafé, salóns ciber e semellantes: establecementos públicos fixos, independentes ou agrupados con outros que, debidamente autorizados, se destinan con carácter permanente a proporcionar ós asistentes, de xeito gratuíto mediante o abono de cantidades monetarias, un tempo de uso de ordenadores para o acceso a internet ou a calquera das súas funcións, ase como, no seu caso, servizo de bar ós usuarios dentro das instalacións. Queda prohibida a entrada ós menores de 18 anos se en eles se serven bebidas alcohólicas durante o tempo nos que exista o citado servizo. Estará tamén prohibida a entrada a menores de idade a estes locais durante o tempo no que as conexións as redes informáticas de internet no teñan ningún tipo de limitación referida a idade do usuario.

De exhibicións especiais: establecementos públicos fixos especialmente preparados para exhibir películas en vídeo ou para realizar actuacións en directo, onde o espectador se sitúa en cabinas individuais ou sistema semellante. Queda prohibida a entrada a menores de 18 anos nos casos de actuacións en directo, ou con exhibición de películas de vídeo, que sexan de carácter sexual ou de extrema violencia.

Artigo 42°. Clasificación das actividades polo seu grao de molestia.

1. Clasifícanse as distintas actividades de ocio en función do seu grao de molestia. Así, teremos:

GRUPO I

-Bar, café.

-Café-bar.

-Cafetería.

-Restaurante.

GRUPO II

– Pub.

– Cibercafé, salóns ciber e semellantes.

GRUPO III

– Café cantante.

– Café concerto.

– Café teatro

– Boleiras.

– Karaoke.

GRUPO IV

– Discoteca.

– Sala de baile.

– Sala de festas.

– Salóns de Banquetes.

– Tablao flamenco.

GRUPO V

– De exhibicións especiais.

No non previsto nesta clasificación estarase ao disposto no Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos ou na norma que o substitúa, e na normativa especifica, en caso de que a haxa.

Artigo 43.3

De forma xeral en cada edificio ou sector de edificio estruturalmente independente ou delimitado por xuntas de dilatación, poderán autorizarse tantas actividades das contempladas no artigo 42 como portais de vivendas teña o inmoble. Esta limitación refírese exclusivamente ao número de actividades recreativas autorizables e non condiciona a ubicación destas actividades na planta do edificio. Quedan exceptuadas desta limitación numérica as cafeterías e os restaurantes.

Artigo 44.4.-

Nos locais onde se desenvolvan actividades das definidas no artigo 42 e que se atopen en galerías ou pasaxes, a relación entre a lonxitude da fachada a un espazo exterior de uso público e a superficie total útil do establecemento en planta baixa será como mínimo dun metro lineal de fachada por cada vintecinco metros cadrados de superficie, excepcionándose do cumprimento desta condición, cando os locais se atopen en galerías ou paisaxes de edificios con uso exclusivo non residencial. En todo caso, a lonxitude da fachada do local será a suficiente para cumprir as especificacións establecidas no DB SI del CTE.

Artigo 44.6.-

Non se permitirá a instalación e uso de aparellos de música ou videomusicais ou a utilización de instrumentos de amplificación ou altofalantes distintos ós dos propios aparellos, nos establecementos do grupo I. Nesta categoría de establecementos soamente poderá instalarse fío musical, un aparello de radio ou de televisión, que deberán funcionar sen estar conectados a amplificadores ou a altofalantes distintos aos propios do aparello.”

Artigo 44.7.-

Non se permitirá en ningún tipo de patio a instalación de aparellos ou equipos susceptibles de producir molestias por ruídos ou vibracións, estes deberán ubicarse sempre dentro da liña de fachada.

No caso dos patios de luces, prohíbese a apertura de saídas directas de ventilación forzada; soamente se permitirá nestes patios a instalación de condutos de ventilación ou chemineas de fumes que vaian sempre á parte superior da cuberta do edificio.

A ventilación forzada dos locais non producirá en ningún caso molestias aos veciños do inmoble nin aos usuarios da vía pública. A distancia entre as saídas de aire e as fiestras situadas fronte ao equipo de ventilación non será inferior a catro (4) metros.

En todos os casos, a ventilación forzada dos aseos conducirase á cuberta do edificio.

Artigo 48°. Niveis de illamento acústico.

1. Como norma xeral, ás actividades con horario nocturno esixiráselles un illamento acústico mínimo de 60 dBA respecto aos locais destinados a uso residencial.

2. En calquera suposto, sexa cal sexa o illamento acústico acadado, nunca se poderán superar os límites de recepción fixados nos artigos desta ordenanza para estes establecementos.

3. O suxeito pasivo coa obriga de incrementar o illamento ata os mínimos sinalados é o titular do foco emisor do ruído.

4. As actividades complementarias desenvolvidas polos establecementos incluídos nos grupos I e II no exterior (terrazas en vía pública) non estarán sometidas ás limitacións do illamento acústico ou aos limites máximos de ruído permitidos no exterior. No obstante, en ningún caso se producirán ruídos que superen en espazos lindantes, horizantais ou verticais, os niveis fixados como niveis de recepción polo artigo 13 desta ordenanza. En todo caso, os espacios dedicados a estas actividades complementarias non poderán dispor de equipos de música ou outras reproducións sonoras, así como tampouco outros elementos que sexan susceptibles de producir ruídos.

Corresponde aos propietarios dos locais o mantemento da orde nas súas terrazas, sen prexuízo da intervención dos axentes da autoridade, cando así proceda.

5. A determinación e comprobación do illamento acústico farase de acordo co artigo 14 e co apartado V do anexo.

Artigo 55.6.-

Garantizarase a existencia dos materiais de insonorización da forma que se indica no artigo 49. Será requisito imprescindible para considerar un local insonorizado que estea recebado o teito co fin de uniformar o illamento da placa.

Artigo 59.2.3.-

Concederase ao titular un prazo de TRES meses para que solicite licenza de apertura para a actividade efectivamente desenvolvida no local ou, noutro caso, para que efectúe os necesarios cambios no establecemento co fin de axustar o exercicio da actividade ao establecido pola licenza.

Disposición Adicional Quinta.- Edificios catalogados.

Parágrafo Segundo.– Excepcionalmente, no caso de apertura de novas actividades en locais preexistentes situados en edificios catalogados, poderanse autorizar superficies mínimas inferiores, ata nun 20% como máximo, do establecido no artigo 44.3. Asemade, para locais en edificios situados no ámbito de aplicación do Plan Especial 1 de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica, catalogados con nivel 1 e 2 poderá diminuírse a porcentaxe ata un 35% da superficie mínima.

Parágrafo Terceiro.- Nos casos de locais en edificios catalogados onde sexa imposible o cumprimento das condicións establecidas no artigo 44.8 desta ordenanza por resultaren incompatibles coa normativa de protección do patrimonio cultural, poderá admitirse con carácter excepcional a adopción de solucións técnicas alternativas que garantan a ausencia de molestias a terceiros provocadas por fumes e cheiros, dimensionada ás condicións do local.”

Contra o acordo transcrito de aprobación definitiva, poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2010.

O ALCALDE Asdo. Xosé A. Sánchez Bugallo

<><><><><><><><><><><><><><><><><><><>

DECRETO.- Num. 2096 .- Santiago de Compostela, 11-5-2005.

A Lei 7/1997, de 11 de agosto, de Protección contra a Contaminación Acústica de Galicia, establece no seu artigo 7, párrafo 4º que “se entende por zonas saturadas aquelas que acadaron os máximos niveis de ruido no exterior fixados para as mesmas, debido a que actividade desenrolada provoque a concentración de fontes sonoras ou a afluencia de público”. O párrafo 5º do mesmo artigo engade que “as zonas de sensibilidade acústica serán definidas polos Concellos.”

O Decreto 320/2002, da Xunta de Galicia polo que se aproba o regulamento que establece as ordenanzas de ruido tipo indica no artigo 12, párrafo 2º, que os Concellos tomarán as medidas oportunas naquelas zonas de cidade nas que o nivel de ruido ambiental supere en 3db o máximo permitido pola existencia de establecementos recreativos que creen efectos aditivos. Estas medidas serán tendentes a reducir este nivel  excesivo de ruido.

O estudio de evaluación de ruido nocturno na cidade de Santiago, elaborado pola Universidade de Santiago, e o informe do Inspector municipal de actividades de data 18 de abril de 2005 propón iniciar expediente de declaración de zonas saturadas das rúas nas que o nivel de ruido supera os 58 db.

En uso das atribucións que me confiren a Lei de Bases de Réxime Local, a lei 7/1997, de 11 de agosto, o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Corporacións Locais, o Regulamento de Servicios, o Decreto 320/2002 da Xunta de Galicia, e demais normas concordantes.

ACORDO:

Inicia-la tramitación de expediente de declaración de zonas saturadas das rúas Xelmírez, Conga, San Paio de Antealtares, Vía Sacra, Troia, Entremuros, Santiago del Estero, Rúa Nova de Abaixo, Alfredo Brañas e República Arxentina, nas que o nivel de ruido supera os 58 db cando o máximo fixado pola Ordenanza de ruidos é de 55 db.

Nestas rúas procederase a prohibir a apertura de novas actividades recreativas e de funcionamento nocturno, limitarase o horario das terrazas, realizaranse controles periódicos dos locais e esixirase a instalación de sonógrafos e placas identificativas.

Publicarase anuncio nun diario abrindo un periodo de audiencia de 1 mes para que se personen tódalas partes interesadas en formular alegacións.

Asdo. O ALCALDE  José A. Sánchez Bugallo

<><><><><><><><><><><><><><><><><><><>

http://www.dicoruna.es/bop/2005/09/23/11238-0.htm

Boletín Oficial da Provincia  nº 219. Venres, 23 de setembro de 2005

Rexeitamento de alegación e declaración de zonas saturadas

Por Decreto desta Alcaldía de data 7 de setembro de 2005, resolveuse:

PRIMEIRO.- Rexeitar as alegacións presentadas no período de información pública do expediente de declaración de zona saturada das RÚAS XELMIREZ, CONGA, SAN PAIO DE ANTEALTARES, VIA SACRA, TROIA, ENTREMUROS, SANTIAGO DEL ESTERO, RUA NOVA DE ABAIXO, ALFREDO BRAÑAS E REPUBLICA ARXENTINA, por carecer de fundamento legal, nos termos expresados nos informes ténicos e xurídicos emitidos.

SEGUNDO.- Declarar ZONA SATURADA os sectores da cidade comprendidos polas rúas seguintes XELMIREZ, CONGA, SAN PAIO DE ANTEALTARES, VIA SACRA, TROIA, ENTREMUROS, SANTIAGO DEL ESTERO, RUA NOVA DE ABAIXO, ALFREDO BRAÑAS E REPUBLICA ARXENTINA .

TERCEIRO.- Aprobar a delimitación física da zona obxecto da declaración de zona saturada que figura no plano achegado.

CUARTO.- Declarar afectadas e suxeitas á declaración as seguintes actividades:

– Tódalas definidas e contidas no artigo 42 da Ordenanza municipal xeral reguladora da emisión e recepción de ruídos, vibracións e condicións dos locais aprobada polo PLENO de data 27 de novembro de 2003, BOP de 24 de decembro de  2003.

– As denominadas “TENDAS DE CONVENIENCIA ” ou “tendas vintecatro horas”.

– Os CIBERS ou cibers café.

QUINTO.- Efectos da declaración:

Queda suspendido o outorgamento de novas licenzas de apertura ou ampliación de actividades incluídas no apartado cuarto da resolución, a saber, as definidas no artigo 42 da Ordenanza reguladora da emision de ruidos, vibracións e condicións dos locais, as “tendas de conveniencia” e os “cibers” con efectos dende a publicación no B.O.P. do decreto de declaración de ZONA SATURADA, e nas indicadas zonas.

Con relación ós cambios de titularidade de licenzas existentes queda suspendida, asemade, a concesión de aqueles no que o outorgamento esixa a execución das obras descritas no artigo 53.2. da Ordenanza reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais; as de imposible adaptación á normativa actual e os que supoñan modificacións sustanciais da actividade.

Queda prohibida a permanenza das terrazas para café autorizadas nas indicadas zonas, por riba da 1:30 horas en horario de verán e das 00:00 horas no restante.

No prazo de tres meses a contar a partires da publicación desta resolución, os establecementos que deban posuir sonógrafo segundo a Ordenanza, deberán dispor do mesmo en condicións axeitadas de funcionamento.

SEXTO: A efectos de determinar un réxime transitorio; as solicitudes de licenza pendentes de resolución, e presentadas con anterioridade á publicación da declaración, resolveránse segundo proceda pola súa adecuación á normativa.

A declaración revisaráse cada catro anos.

Notifíquese o presente decreto ós interesados e ós demais negociados, seccións ou servicios correspondentes.

Santiago de Compostela, 09 de setembro de 2005

O Alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo

Anuncios

6 comentarios en “LEGISLACIÓN LOCAL: Decreto de Zonas Saturadas 2005 e 2011

  1. Hace casi tres años que de las afueras de santiago me he trasladado a la calle Alfredo Brañas, entre otras cosas porque toda mi actividad y la de mi facmilia(hijos en edad escolar) se desarrolla en el centro. Cual es mi decepción cuando veo que personas ajenas a mi INVADEN MI CASA, con su ruido, sonidos de la discoteca cercana, salvajes gritando desde un lado a tord de la calle, y lo peor, unas concentraciones “botelloneras” en un “after”a las 5:30 de la mañana esperarndo a que abran el local. Despues de muchos inútiles escritos al concello, decido cambiar de estrategia y acudo por escrito a la fiscalia del TSJG, y al Delegado del Gobierno de A Coruña. Nada en conclusion, parece ser que mis derechos y los de muchos como yo, no son nada en comparacion con el derecho a deambular por la calle (de deambular nada -deambular es ir de un lado a otro, no estar de botellon)de una panda de maleducados. Por cierto de la respuesta de la fiscalia deduzco que si estuviese ingrsado en un siquiatrico con ansiedad, demencia, hipertensión etc. si podria actuar la fiscalía. Por loq ue yo considero que debemos unirnos esta plataforma para poder ir al juzgado como parte , pero no ir contra el concello, para que de una iindemnizacion y ya está (que al final la estamos pagando nosotros) evidentemente detras del concello como “entidad” hay personas que no hacen que se cumplan las leyes y que por lo tanto estan “prevaricando” aunque sea a titulo de simple negligencia. Yo creo que denbemos hacerle ver las “orejas del lobo” y solicitar la inhabilitación de los cargos publicos responsables, ALcalde, jefe de policia, concejales, etc.

  2. Es culpa de los locales que la gente haga tanto ruido? o de la gente que no sabe beber?, pq Santiago sin universitarios está muerta financiera y culturalmente, la gente que llevan los locales no creo que tenga autoridad para mandar a la gente que se calle fuera del local. Y por cierto que siempre se van contra los mismos y los hosteleros no somos delincuentes, yo no me pongo a hacer el energumeno a las 5 y media, es la policia quien tiene que decir a quien hace ruido que deje de hacerlo, entiendo que la gente quiera descansar pero no olvidemos que la hosteleria da puestos de trabajo y sin vida nocturna Santiago como cuidad universitaria se muere. Además si la gente estuviera dentro de los locales te aseguro que no habría ni la mitad de ruido pq la mayoria esta insonorizado.

  3. Vivo nunha zona declarada saturada pero non se fai nada para que eso cambie. Hoxe mesmo ás 7:35 da maña cando saía para traballar enfrente da miña casa estaba un grupo de 6-8 persoas sentadas no suelo á entrada dun portal e estaban “rapeando”. A policía local que vai a dirixir o tráfico do Colexio Manuel Peleteiro debería de madrugar un pouco máis e limpar a rúa Alfredo Brañas da xente que está molestando o descanso nocturno dos veciños. Tamén forma parte do seu traballo.

  4. andrea…artículo 57.2 de la ordenanza municipal de ruidos..en este artículo se atribuye al titular de la licencia la responsabilidad del mantenimiento del orden tanto en el local como en sus accesos. Pero voy mas allá—Si tienes un seguro de accidentes o de responsabilidad frente a terceros(mira las cláusulas)verás que te cubre en los accesos por que estos son por ley responsabilidad de los locales.

  5. A noite do xoves ao venres foi moi ruidosa. Sobre as 4:00 da madrugada un grupo de xente pasou pola rúa cantando, berrando. Saltou unha alarma e marchou a luz uns minutos. Logo sobre as 6:00-6:30 un grupo de xente outra vez a berrar e cantar e un con unha motocicleta a facer ruido e máis ruído e as 7:00 o meu despertador para ir a traballar. Con tanto ruido nocturno non hai maneira de descansar. Necesito axuda. SOS. O concello pasa dos meus escritos de queixa e denuncia. SOS

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s